Datos de interese



• Que é retrata a túa mascota?

"Retrata a túa mascota" é un traballo
que engloba unha pequena reportaxe da túa mascota
no seu ambiente, cos seus costumes,
e unha serie de retratos feitos nun set fotográfico portátil,
con equipo de iluminación de luz continua, e non de flash,
respetuoso coa túa mascota.

 
Para poder facer un bo traballo, logrando retratar verdadeiramente a túa mascota,
tal e como é, e facendo que se sinta cómoda comigo e co material fotográfico,
a sesión pode chegar a ser longa. Ademais hai que respectar a fatiga do animal,
e tentar que tome isto coma un xogo, e non como unha fonte de estrés.


Espero que sintas atractiva esta proposta!


• Canto me vai custar?

O orzamento, de 195€ (IVE incluído) comprende:

5 fotografías da túa mascota ou mascotas en dixital, nun CD,
e 5 fotos en papel fotográfico ampliadas a 20x30 cm (5 fotos de 20x30) 
ou 2 das 5 fotos ampliadas a 30x45 cm (2 fotos de 30x40)
ou ben unha das 5 fotos ampliada a 40x60 cm (1 foto de 40x60)
(estes tamaños son orientativos; o tamaño final depende da proporción das fotografías)

Haberá un incremento no prezo por desprazamento a partir dos 20 Km de distancia. 
Normalmente resido en Sada, ainda que a miúdo estou en Ourense.
Por isto, para evitar ese incremento na factura por quilometraxe,
sempre que poida planificarei as sesións en función do lugar no que estea,
ou xuntando un só desprazamento para varias sesións seguidas.


As fotografías entregadas tarán dereitos de autor,
polo que estará restrinxido o seu uso, se é comercial ou con ánimo de lucro,
por calquera persoa distinta da autora;
e dereitos de imaxe,
polo que calquera uso que a autora quixera facer delas
será previa consulta e permiso dos implicados.

Se te xurde calquera dúbida, calquera aclaración que precises,
sen ningún tipo de compromiso, pódesme mandar un mail,
que tentarei contestar o máis axiña posible,
ou chamarme por teléfono:

mail: alba@edenia.org
teléfono: 635.784.129